Acto de entrega do Veliano de Honra 2025

Acto de entrega do Veliano de honra 2025

27 Out Acto de entrega do Veliano de Honra 2025

Desde o Concello de Cartelle queremos felicitar ao escritor ourensán Xosé Luis Méndez Ferrín, quen onte sábado recibiu o Premio Veliano de Honra, outorgado pola Fundación Carlos Velo, en recoñecemento á súa ampla traxectoria cultural e o seu compromiso coa lingua e a literatura galegas.

O acto, celebrado no Auditorio Municipal de Cartelle, puxo de manifesto a importancia da cultura, a identidade e a creación literaria como motor de progreso e de convivencia.

Agradecemento á Fundación Carlos Velo polo seu labor en preservar a memoria, o legado e o espírito do intelectual e cineasta Carlos Velo (Cartelle, Ourense, 1909- Ciudad de México, 1988)

Grazas tamén a todos os que colaboraron en facer posible esta xornada tan especial.

Parabéns, Xosé Luis Méndez Ferrín, polo merecido galardón e por servir de inspiración para novas xeracións de creadores.😊

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad