15 Xul 2º CAMPAMENTO DE VERÁN (AGOSTO)
Dende o Concello de Cartelle organizamos un campamento de verán, para os cativos de 4 a 15 anos, que terá lugar entre os días 16 e o 31 de AGOSTO, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
O prazo de inscrición estará aberto do 4 ao 10 de agosto (ámbolos dous incluídos). Prazas limitadas.
Para máis información e inscricións, dirixirse á Casa do Concello ou no teléfono 988491111.