14 Set A Arnoia Termal Bike pasará polo Concello de Cartelle
O noso rexedor, Jaime Sousa, asistiu esta mañá á presentación da Arnoia Termal Bike, unha proba ciclista aberta a todos os públicos que en palabras de José Manuel Baltar Blanco, presidente da Deputación de Ourense “permitirá visibilizar a provincia como o territorio ideal para a práctica deportiva, nun espazo que ademais mostrará un dos nosos elementos máis diferenciadores, como é o termalismo”.
A Arnoia Termal Bike conta coa colaboración da Deputación de Ourense, Xunta de Galicia, Turismo Ourense Inorde e o Hotel Balneario Arnoia Caldaria, entre outras entidades públicas e empresas privadas.
Este evento, que terá lugar o próximo domingo, día 19 de setembro, percorrerá o noso concello así como outros municipios bañados polo Arnoia, o Concello de Arnoia, Concello De Cartelle e Concello de Cortegada
Para máis información sobre este evento ou inscricións, visita a súa web https://www.arnoiatermalbike.es/