A Comarca de Celanova entra no nivel 2 para loitar contra a expansión do coronavirus.

14 Out A Comarca de Celanova entra no nivel 2 para loitar contra a expansión do coronavirus.

A  Xunta de Galicia, tras analizar a situación sanitaria da Comarca de Celanova, acorda a aplicación do Nivel 2 pondo en marcha as seguintes medidas de prevención que entrarán en vigor ás 00:00 h. do xoves, 15 de outubro de 2020:

  •  VELORIOS E ENTERROS. Un límite máximo, en cada momento, de 25 persoas en espazos ao aire libre ou de 10 persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.
  •  LUGARES DE CULTO. A asistencia non poderá superar o 50 %.
  •  ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS RETALLISTAS, non poderán superar o 50% da súa capacidade total. Servizo de atención preferente a maiores de 75 anos.
  •  ESTABLECEMENTOS DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS. Non poderán superar o 50 % da súa capacidade total. Prohibido uso de zonas recreativas infantís. Servizo de atención preferente a maiores de 75 anos.
  •  MERCADOS VÍA PÚBLICA. Non poderán superar o 50% dos postos habituais ou autorizados. Os concellos poden aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días, para compensar esta limitación. O Concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimenticios e de primeira necesidade, asegurando que non sexan manipulados os produtos comercializados neles por parte dos consumidores.
  • ACADEMIAS, AUTOESCOLAS e CENTROS DE ENSINO PRIVADO NON REGRADO. Poderá impartirse de modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50 %, respecto do máximo permitido. MÁXIMO DE 10 PERSOAS POR GRUPO, sexan ou non conviventes.
  •  ESTABLECEMENTOS DE HOSTELERÍA E RESTAURACIÓN. Non poderán superar o 50% da súa capacidade para consumo no interior do local. Prohibido o consumo en barra. AS TERRAZAS ao aire libre 75% das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez. Ocupación máxima 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas e deberán ser todas elas conviventes naqueles concellos en que se aplique a limitación de grupos constituídos só por persoas conviventes, de acordo co punto segundo da presente orde. Pechar non máis tarde da 1:00 h da madrugada, sen permitir acceso a clientes desde as 00:00 h.
  •  ACTIVIDADE E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS. A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de 10 persoas de forma simultánea, agás naqueles concellos en que se aplique a limitación de grupos constituídos só por persoas conviventes. Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata 10 persoas, sexan ou non conviventes, sen contacto físico, e sempre que non se supere o 50% da capacidade máxima permitida, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade. A práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e cun máximo de dez persoas simultaneamente no caso dos adestramentos, sexan ou non conviventes. Non se aplicará este límite nas competicións onde as regras federativas garantan espazos diferenciados para cada equipo.
  •  CELEBRACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS, DE ADESTRAMENTOS E DE COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO. Con público sempre que permaneza sentado, NON SUPERAR O 50% da capacidade permitida da instalación. LÍMITE DE 60 persoas lugares pechados, e 150 ao aire libre.
  •  USO DE ESPAZOS PÚBLICOS. Os Centros Cívicos e sociais limitación da súa capacidade total ao 50 %, extremando as medidas de protección durante as actividades socioculturais de tipo grupal. MÁXIMO 10 PERSOAS, sexan ou non conviventes, incluído o monitor ou guía.
  •  PARQUES E ZONAS DEPORTIVAS DE USO PÚBLICO AO AIRE LIBRE. Unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada 4 metros cuadrados de espazo computable de superficie do recinto.
  •  CELEBRACIÓN DE CONGRESOS, ENCONTROS, REUNIÓNS DE NEGOCIO, CONFERENCIAS. Sempre que non se supere o 50% da capacidade máxima permitida do lugar de celebración. Límite máximo de 70 persoas lugares pechados e de 150 persoas actividades ao aire libre.
 Dende o Concello de Cartelle insistimos unha vez máis en apelar á responsabilidade individual, limitando as reunións sociais e familiares, uso permanente de máscara e hixiene continua de mans.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad