A praza Picoutiños, remozada

Praza Picoutiños-Nogueiró-Cartelle

02 Xuñ A praza Picoutiños, remozada

Realizadas obras de humanización na Praza Picoutiños, no núcleo de Nogueiró, que incluíron a renovación do pavimento, a mellora das infraestruturas e novo mobiliario urbano.

As obras financiáronse a través dun convenio ao abeiro do Plan Hurbe, no que a Xunta asumiu o 70% do investimento e executou os traballos e o Concello o 30% restante.

O pasado sábado, o noso rexedor, recibiu á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que xunto á directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, visitou a zona para ver o resultado da intervención e destacou a colaboración entre as dúas administracións para mellorar a calidade de vida dos veciños do concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad