
30 Ago “A volta o cole” co Concello de Cartelle
No Concello de Cartelle queremos colaborar, na volta ao cole, coas familias empadroadas no noso municipio. Para elo poñemos a disposición de todos os nosos escolares, un Kit Escolar composto por:
- Mochila
- Axenda Escolar
- Caderno
- Lapis
- Goma de borrar
- Post-its
Estes kits escolares estarán ao dispor nas oficinas municipais onde poderán ser recollidos dende hoxe mesmo.