17 Mar Aberto o prazo de solicitude de prazas para a ESCOLA INFANTIL DE CARTELLE
Dende o 17/03/2023 ata o 05.04.2023, ambos os dous incluídos, estará aberto o prazo para solicitar praza na escola infantil de Cartelle para o curso 2023/2024.
Máis información no teléfono 988 49 21 56 (atención de 8:00 a 15:00 h)
________________________
Resolución da Xerencia do Consorcio:
O procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio para o curso
2023/24 está regulado na Resolución do 7 de marzo de 2023 da Xerencia do Consorcio Galego de
Servizos de Igualdade e Benestar, publicada no Diario Oficial de Galicia do xoves día 16 de marzo de
2023.
A Resolución e os formularios habilitados para a tramitación do procedemento estarán dispoñibles nos
seguintes enderezos electrónicos:
- https://sede.xunta.gal
- https://politicasocial.xunta.gal
- https://www.igualdadebenestar.org
Calendario de prazos:
O prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación de praza como para novo ingreso é do 17 de
marzo ao 5 de abril do 2023, ambos os dous incluídos.
- A presentación de solicitudes poderase facer:
- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia. Impreso de NOVO INGRESO co código de procedemento:
BS404A
(Para a presentación das solicitudes e documentación, as familias poderán empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365) (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365) - De forma presencial na Escola Infantil de Cartelle.
- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia. Impreso de NOVO INGRESO co código de procedemento: