
24 Out Acción formativa sobre PODA E ENXERTA DE FROITEIRAS E VIDES
A Oficina Agraria Comarcal de Ourense, convoca unha acción formativa profesional e de adquisición de competencias sobre a PODA E ENXERTA DE FROITEIRAS E VIDES.
Destinada principalmente, ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira.
Tamén está dirixida a persoas, especialmente mozos e mozas do medio rural galego, con expectativa de incorporación nestes sectores.
O curso, de 24 horas en total, realizarase no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás (CET)
Data de inicio: 14/11/2022. Data de finalización: 21/11/2022
Horario: De 16:00 a 20:00 h.
Inscricións, ata o 10 de novembro de 2022, en https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas
— Plan de Formación ao agro galego 2022. Cofinanciadas co 75% Feader —