Actuacións dos Plans Provinciais para o 2019

12 Mar Actuacións dos Plans Provinciais para o 2019

A Deputación de Ourense, recolle dentro do programa dos Plans Provinciais para este ano en curso, as seguintes actuacións destinadas á mellora das comunicacións viarias e a accesibilidade no noso concello:

  • Reparación da pista Baldariz-Carballal
  • Mellora dos camiños do pobo de Carballal
  • Mellora de accesos a Carregal
  • Reparación da pista dende A Seara á pista dos Castros
  • Reparación do camiño de acceso á praza do San Roque, na Seara
  • Reparación do camiño do Ribeiro en Outomuro

Estas intervencións contan cun orzamento de 47.962,78 €, atendido na súa totalidade pola Deputación de Ourense.

Esta web utiliza cookies, puedes ver aquí la Política de Cookies