23 Nov Adhesión ao Plan de Acción de Enerxía Sostible (PAES)
O Plan de Acción de Enerxía Sostible ( PAES) enmárcase dentro do convenio Provincial para a sustentabilidade enerxética cuxos obxectivos son cooperar nas políticas ambientais, optimizar os gastos no consumo enerxético e promover a xestión integral do desenvolvemento económico, social e cultural coa axuda dunha “cooperación sostible”. En particular, reflicte o compromiso de reducir as emisións de CO2 equivalente en polo menos un 40% para 2030.
No documento que se achega detállase o resultado do estudo das características actuais da nosa demarcación, así como o diagnóstico, planificación e tarefas a desenvolver para a consecución dos obxectivos deste Plan de acción para clima e a enerxía sostible para o Concello de Cartelle, aprobado no pleno do pasado 5 de novembro.
Plan de Acción de Enerxía Sostible – Concello de Cartelle
Plan Acción Enerxética Sostible (versión Inglés)