10 Mar Aprobación inicial do Plan Básico Municipal
A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, asinou onte no Auditorio de Outomuro, en presenza do alcalde Jaime Sousa e o Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, a autorización da Aprobación Inicial do Plan Básico Municipal para o noso concello.
O documento é o establecido pola Lei do Solo para concellos de menos de 5.000 habitantes que non teñen Plan Xeral de Ordenación Municipal, como é o noso caso.
Este Plan Básico Municipal permitirá a ordenación do territorio, especifica a normativa de edificación ademais de detallar as instalacións e edificios públicos e os bens do patrimonio cultural e natural do noso concello.
Antes da súa aprobación definitiva, o Plan Básico Municipal estará exposto ao público nas oficinas municipais, onde informaran e aclararán dúbidas aos veciños.