30 Xuñ Aviso respecto ás consultas da concentración parcelaria
Segundo comunica o Servizo de Infraestruturas Agrarias, dependente da Consellería do Medio Rural, as dúbidas ou consultas referentes á concentración parcelaria, resolveranse telefonicamente ou mediante unha cita acordada con anterioridade, no número 988386489.