
01 Mai Axudas á mellora da eficiencia enerxética en vivendas
Convocatoria da Xunta de Galicia do Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas, previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, coa finalidade de financiar actuacións ou obras de mellora da eficiencia enerxética nas vivendas, para a anualidade 2025, con carácter plurianual. (Procedemento VI406E)
Dirixido a persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas, sempre que constitúan o seu domicilio habitual e permanente no momento de solicitar a axuda.
Prazo de solicitudes: 08/05/2025 00:00 – 08/07/2025 23:59
Máis información https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI406E