AXUDAS E SUBVENCIÓNS DE DIFERENTES ORGANISMOS

07 Xuñ AXUDAS E SUBVENCIÓNS DE DIFERENTES ORGANISMOS

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cartelle informa de axudas en vigor de diferentes organismos.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
1. BS306B – AXUDAS ENMARCADAS NO PROGRAMA INICIATIVA XOVE.

  • DOGA DO 14/05/2021.
  • Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de  concorrencia competitiva, das axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en
    marcha de iniciativas xuvenís durante o ano 2021, e convocar estas axudas para o dito exercicio
    2021.
  • Destinatarios: a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil
    e que reúnan os requisitos establecidos no artigo 5. b) As asociacións xuvenís, as entidades
    prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas
    últimas, o proxecto que presenten sexa diferente do que presenten, se é o caso, as asociacións
    xuvenís ou entidades prestadoras que formen parte da federación.
  • Prazo: 15/05/2021 – 14/06/2021
  • Máis información e presentación de solicitudes.

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
2. IN421G – PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS

  • DOGA DO 25/05/2021.
  • Subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de  procedemento IN421G). Autonomos, administracións públicas e ASOCIACIONS.
    Obxecto: entre outros, axudas para a instalación de ESTUFAS E CALDEIRAS DE PELLETS.
    AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL
  • Prazo: 26/05/2021 – 25/06/2021
  • Máis información e presentación de solicitudes.

3. IN500B – AXUDAS DIRIXIDAS Á VALORIZACIÓN, POTENCIACIÓN, INNOVACIÓN E MELLORA DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT.

  • DOGA DO 25/05/2021.
  • Serán subvencionables os proxectos de investimento realizados polas pequenas e medianas empresas descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.
  • Prazo: 26/05/2021 – 25/06/2021
  • Máis información e presentación de solicitudes.

Ver documento “Anuncio 2” da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cartelle

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad