08 Xan AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADAS A PARTICULARES.
O Instituto de Estudos do Territorio ven de convocar en réxime de concorrencia non competitiva (por orde de entrada de cada solicitude ata esgotar o orzamento) as axudas para as seguintes actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, para o ano 2026 (código de procedemento MT402A):- Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
- Remate, renovación e/ou substitución do acabado exterior de cubertas.
- Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
CONTÍA: 70 % do orzamento co límite máximo de 3.000,00 €.
PRAZO: dende o 16/01/2026 ata o 16/02/2026
NORMATIVA: Diario Oficial de Galicia do 07/01/2026.
