13 Xan Axudas para rehabilitación de vivendas
Publicada a convocatoria de axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo para rehabilitación de vivendas no rural para o ano 2026 (código de procedemento Xunta de Galicia VI435E).
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos referidos inmobles situados, de conformidade co disposto no ordinal oitavo desta resolución, en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM. No suposto de que as vivendas se vaian a destinar ao alugueiro non será de aplicación o citado límite de ingresos.
Prazo: 21/01/2026 09:00 – 01/09/2026 14:00
Máis información e presentación de solicitudes https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI435E
