30 Xul Bando sobre a OBRIGA DE MANTER LIMPAS AS FINCAS PRETO DAS CASAS
En determinadas épocas do ano as altas temperaturas fan que o RISCO DE INCENDIOS sexa moito maior. É por eso que, dende o concello, LÉMBRASELLES, ás e aos propietarias/os das FINCAS QUE ESTÁN PRETO DAS CASAS a SÚA OBRIGA PERMANENTE DE MANTELAS NAS DEBIDAS CONDICIÓNS DE LIMPEZA, procedendo, de ser necesario ao desbroce da maleza, a retirar os restos que supoñan un risco de incendio, como leña, pólas, vexetación seca, cortizas ou materiais semellantes de fácil combustión, cara a evitar posibles danos para as persoas e os bens.
SOLICÍTASE da cidadanía en xeral a maior colaboración no cumprimento das obrigas sinaladas neste bando, cunha conduta responsable que contribúa a mellorar as condicións de limpeza dos terreos no noso municipio.