Bombeiros da Mancomunidade achegan solidariedade a Valencia

Bombeiros da Mancomunidade en Valencia

08 Nov Bombeiros da Mancomunidade achegan solidariedade a Valencia

Bombeiros da Mancomunidade terra de Celanova, están Valencia para colaborar na emerxencia causada pola Dana.

Alí, recibiron a visita dunha persoa moi especial para o noso pobo.

Nada máis e nada menos que JOSÉ ANTONIO SOBRINO RODRÍGUEZ, fillo predilecto de Cartelle, e recoñecido físico e investigador, presidente da Asociación Española de Teledetección, director da Revista Española de Teledetección e director da Unidade de Cambio Global​ da Universidade de Valencia.

En nome da corporación e dos veciños do Concello de Cartelle queremos lanzar un enorme agradecemento ao noso corpo de bombeiros pola súa implicación nesta ardua misión que están a desenvolver.

Grazas tamén a José Antonio Sobrino, pola visita e a fantástica acollida que lles dispensou.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad