08 Abr Bus doazón de sangue en Cartelle
Non deixes pasar esta oportunidade!O martes 21 de abril, achegarase ao noso concello a unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue e teremos dous puntos para doar:
OUTOMURO (unidade móbil diante da antiga Caixanova) . 16.30 – 18.30
CARTELLE (unidade móbil diante da farmacia). 19.00 – 21.00
Doar sangue é doar vida. En só uns minutos podes axudar a salvar ata 3 vidas.
Lembra:
• Almorza ou come antes de doar
• Evita comidas graxas 2 horas antes
• Leva o teu DNI

