Campamento “CONCILIA VERÁN’2024” EN CARTELLE

Campamentos Concilia Verán 2024 en Cartelle

05 Xuñ Campamento “CONCILIA VERÁN’2024” EN CARTELLE

O Concello de Cartelle abre, do 5 ao 19 de xuño, o prazo para a inscrición no campamento infantil “Concilia verán’2024”, dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2008 e 2020 (ambos inclusive).

* DATAS
O campamento realizarase do 1/7/2024 a 30/8/2024 de 9 a 14 horas.
* LUGAR
O campamento levarase a cabo nos locais e espazo públicos cedidos polo concellos.
* PRAZAS
Ofértanse 50 prazas, marcándose un mínimo de 10 participantes para por en marcha o programa en cada concello.

* INSCRICIÓNS
O prazo de inscrición estará habilitado do mércores 5 de xuño ao mércores 19 de xuño, entregando os formularios debidamente cubertos, nas oficinas municipais.

[Formularios en formato PDF]

[Formularios en formato WORD]

De quedaren prazas libres, poderanse apuntar unha vez finalizado o prazo.

Publicación da listaxe final
O venres 21 de xuño publicarase a listaxe dos nenos e nenas admitidas.

[O Programa de Conciliación no Verán 2024, está organizado pola Mancomunidade Terra de Celanova, co obxecto de promover a igualdade e a socialización entre participantes.
O fomento da igualdade de xénero é unha prioridade no campamento, xunto coa eliminación das desigualdades e a integración dos colectivos en risco de exclusión social. Abordaranse estes temas desde diferentes puntos de vista e con actividades transversais e específicas.]

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad