Campamento de verán 2026

Cartelle -Campamento de verán 2026

18 Xuñ Campamento de verán 2026

A Mancomunidade Terra de Celanova organiza o Programa «Conciliando con nenos e nenas. Verán 2026», co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das familias, promovendo ao mesmo tempo a igualdade, a convivencia, a inclusión social e a participación activa da infancia.

Está dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2010 e 2022 (ambos inclusive).

O prazo para a inscrición abre, do 18 ao 24 de xuño de 2026.

DATAS

O campamento realizarase do 01/07/2026 a 31/08/2026 de 9 a 14 horas.

LUGAR

O campamento levarase a cabo nos locais e espazo públicos cedidos polo concello.

PRAZAS

Para levalo a cabo será necesario acadar un mínimo de 10 participantes.

INSCRICIÓNS

O prazo de inscrición estará habilitado do 4 ao 18 de xuño, entregando os formularios debidamente cubertos, nas oficinas municipais.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad