Campamento Dixital, no Nadal de Cartelle

2025-Banner-Competencias Digitales

04 Dec Campamento Dixital, no Nadal de Cartelle

Aberto o prazo de inscrición para os Campamentos Dixitais do Concello de Cartelle, que contempla actividades de Gaming, Steam, Realidade Virtual ou Scape Room.

O programa está dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 18 anos.

As sesións desenvolveranse os días 29 e 30 de decembro de 2025 e 2 de xaneiro do 2026, de 9:00 a 14:00h, nas instalacións da Gardaría Infantil “Galiña Azul”, situada na Estrada de A Seara, s/n – Outomuro (Cartelle).

Os interesados en participar deberán cubrir este formulario de inscrición e entregalo nas Oficinas Municipais do Concello de Cartelle.

[O Campamento en Competencias Dixitais é unha actividade organizada pola Deputación de Ourense dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea – Next Generation]

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad