Cartelle, anfitrión do encontro coa empresa ITEGAL e concellos limítrofes

16 Out Cartelle, anfitrión do encontro coa empresa ITEGAL e concellos limítrofes

A empresa ITEGAL, a través do seu director executivo, mantivo unha reunión cos alcaldes de Cartelle, Gomesende, A Merca e Ramirás, para presentar o estudo sobre a accesibilidade á banda larga,  que se está a levar a cabo a través de do Grupo de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (ADERCOU), financiado con fondos do Plan Leader.

Dito proxecto trátase de coñecer as realidades de acceso a internet do estado, a peculiaridade da súa orografía, o que fai pouco atractivo o investimento en infraestruturas para os grandes operadores, pero son actuacións necesarias para poñer en valor o rural e dar servizo á poboación. Este proxecto permitirá a dispoñibilidade de servizos de banda ancha para dar ás colectividades locais unha importante gama de servizos como a administración pública electrónica, educación, desenvolvemento rural, lecer e saúde e medicina.
Todos estes aspectos fan que a implantación de banda ancha ultrarrápida en zonas rurais sexa moi importante para que dispoñan dos mesmos servizos e comunicacións que as establecidas nas zonas urbanas.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad