Cartelle apoia con axudas directas ao sector da hostalería

19 Feb Cartelle apoia con axudas directas ao sector da hostalería

As restricións levadas a cabo para frear a pandemia provocada pola expansión da Covid están afectando de maneira moi intensa ao sector hostaleiro. Un sector que está vendo mermada a súa economía dado que ten moi limitada a súa actividade comercial.

O Concello de Cartelle, moi sensible a esta realidade, ven de aprobar no último pleno, á proposta do grupo de goberno encabezado polo alcalde Jaime Sousa, unha axuda directa de 300 € a cada hostaleiro e hostaleira do noso municipio. Importe que se aportará mentres non podan abrir as súas portas, e ata completar como máximo a partida de 12.000 €, destinada a este concepto.

Confiamos en que sexa un pulo para que bares e cafeterías poidan continuar coa súa actividade e  que, se a situación o permite,  se reinicie canto antes.

Cartelle axuda con 300 € á hostalería

Esta web utiliza cookies, puedes ver aquí la Política de Cookies