Cartelle e a Xunta impulsan a xeración de emprego

Reunion Alcalde Cartelle na Xunta de Galicia

31 Mar Cartelle e a Xunta impulsan a xeración de emprego

O rexedor do Concello de Cartelle e presidente Mancomunidade Terra de Celanova, Jaime Sousa, reuniuse o pasado venres, co conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, co delegado territorial da Xunta en Ourense e co director xeral de Comercio e Consumo.

O principal propósito do encontro foi tratar cuestións relativas á promoción de emprego e desenvolvemento económico, como os obradoiros +Vida da Mancomunidade Terra de Celanova e o programa Aprol Rural do que neste municipio somos beneficiarios.

Iniciativas que incrementan as oportunidades laborais das persoas desempregadas da contorna e ao mesmo tempo contribuen á nosa dinamización socioeconómica.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad