Cartelle, incluído no programa de axudas a emprendedores EMPRENDOU

09 Out Cartelle, incluído no programa de axudas a emprendedores EMPRENDOU

Programa axudas EmprendOU

“EmprendOU” é un programa de axudas a emprendedores xóvenes en concellos de “reto demográfico” da provincia de Ourense

Para que unha empresa sexa subvencionable a través do Proxecto EmprendOu terá que darse de alta nun “municipio elixible”, nos que Cartelle está incluido.

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas do Programa EmprendOu, aquelas que, a partir do 8 de Xaneiro de 2019, iniciaran  actividades empresariais ou profesionais por conta propia cumprindo cas seguintes características á data de alta:

  • Maiores de 16 anos e menores de 30, demandantes de emprego.
  • Empadroadas e que establezan o centro de tramallo nun “municipio elixible”, neste caso Cartelle.
  • Réxime da Seguridade Social por conta propia.

A subvención do Programa EmprendOu será dunha contía mensual equivalente ó 75% do Salario Mínimo Interprofesional, o que para 2019 significa 675 euros ó mes.

Toda a información e solicitudes pódese obter no portal web www.emprendou.com 

Esta web utiliza cookies puedes ver aquí la política de cookies. Si continuas navegando estás aceptándola