29 Mai Cartelle, no Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación
O Concello de Cartelle, representado polo edil Daniel Fernández, participou no 3º Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional, do Fondo Galego de Cooperación e Soliedaridade, recentemente celebrado en Gandía, no que se debateu sobre o papel chave das administracións locais na solidariedade internacional e os desafíos que enfrontan.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que Daniel é vicepresidente, está integrado por 116 concellos e as catro deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento.



