Cartelle nos medios neerlandeses

Cartelle na prensa holandesa

24 Xul Cartelle nos medios neerlandeses

O Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL), en Toén (Ourense), lugar de referencia nacional na loita contra os incendios forestais, recibiu a unha vintena de bombeiros neerlandeses para reforzar a súa formación tanto teórica como práctica en técnicas de extinción.

Durante este etapa formativa, tiveron a oportunidade de actuar en dispositivos reais, como o do lume prendido recentemente en Cartelle, e que pola rápida intervención profesional, foi extinguido con rapidez.

Un feito que, ademais da prensa local e nacional, recolleu tamén a prensa holandesa.
Neste caso, o rotativo REFORMATORISCH DAGBLAD, relata a experiencia formativa que este primeiro grupo de bombeiros neerlandeses está a vivir, e a súa participación no operativo levado a cabo no noso concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad