
24 Mai Cartelle participa en proxectos de desenvolvemento co Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade
Daniel Fernández, edil do noso municipio, participou nunha visita a Mozambique, da man do Fondo Galego de Cooperación e Soliedaridade, entidade da que é tesoureiro.
Este organismo sen ánimo de lucro, co que o Concello de Cartelle colabora, traballa para erradicar as desigualdades dos países empobrecidos incidindo nos dereitos da infancia, construción de vivendas e dotación de servizos públicos como o saneamento, alumeado…,
Dani Fernández, puido comprobar de primeira man, as obras solidarias que se están a levar, neste país lusofalante, mellorando a vida de centos de persoas.
Medios: