06 Feb Cartelle recibe un novo vehículo de emerxencias
Esta mañá, recibimos un todoterreo, con destino á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Unha entrega acollida polo noso alcalde Jaime Sousa, da man do vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Diego Calvo Pouso , coa presenza de Gabriel Alen Castro, delegado territorial da Xunta en Ourense.
Este novo vehículo, completamente equipado, mellorará a atención ás emerxencias do noso municipio e contorna, que altruistamente fan os nosos voluntarios.