08 Feb Cartelle verá renovadas as instalacións de alumeado público
Co obxecto de continuar a liña de mellora enerxética no noso municipio, substituiranse as lámpadas actuais da iluminación pública por equipos de maior rendemento e eficiencia con lámpadas LED, que levan incorporado un sistema de aforro no consumo de ata o 50 %, nas seguintes localidades:
Pazos, Ella de Abaixo, Couxil, Ella de Arriba, Miros, Os Pumares, Seixadelas e Seixadas, Soutelo, Vilar, Doniz, Anfeoz e Piñeira.
Estas actuacións de renovación da iluminación e sinalización exterior, están enmarcadas dentro do” Programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020″.