14 Dec Programa de Nadal
Música, Maxia, Baile, visita a Pazolandia, recepción dos Reis Magos...
Música, Maxia, Baile, visita a Pazolandia, recepción dos Reis Magos...
Este próximo fin de semana, Sabucedo dous Montes, dentro do marco das festas do Pilar, celebra o centenario da bendición da súa igrexa neogótica. Ademais da tradicional festa popular, levarán a cabo diferentes actos conmemorativos, destacando a intervención, o venres día 12, do profesor e doutor...
Con motivo do día da Virxe do Pilar, os días 12 e 13 de outubro, celebrarase a festa popular en Sabucedo de Montes e Lamas de Outeiro. Un atractivo cartel no que non faltarán as procesións e oficios relixiosos, música e unha merenda-cea para compartir con...
O recoñecido actor, Sergio Pazos, estará no Auditorio Municipal de Cartelle, o día 11 de outubro, ás 20:30, representando o seu monólogo "Afiando con humor". Levaranos a facer un percorrido pola actualidade, as peculiaridades dos galegos e outros moitos temas, coa retranca e o humor que...
O domingo, 2 de setembro, ás 12:00 hs, teremos no noso concello, a VI xornada do CAMPIONATO GALEGO DE ENGANCHES DE CARRUAXES. Un fermoso espectáculo que non vos podedes perder!! ...
Esta festa infantil celebraráse no campo de San Roque - A Seara, de 18:00 hs. a 20:00 hs. Cativos e cativas, achegádevos preparados para unha tarde de diversión!!! ...
O próximo martes, 21 de agosto, nas piscinas do concello, en Outomuro, haberá unha actividade de observación astronómica, que comezará ás 22:30 hs. Estará aberta a todo o público e será de carácter gratuíto. ...
A Asociación de Cabalistas O Mundil, organiza un espectáculo de cabalos, para o próximo domingo día 19 de agosto, no que público de tódalas idades gozará de exhibicións e actividades relacionadas co mundo ecuestre. ¡Achégate! [envira-gallery id="16032"] ...
¡Un espectáculo que non podes perder! O martes, 14 de agosto, ás 21:00 hs., teremos no Auditorio Municipal de Cartelle (Outomuro), a Abmiram Quartet, un cuarteto que mestura a música e o humor, con diversión garantizada. ...
O próximo 18 de agosto, con motivo da celebración da XXII Carreira Popular, teremos unha festa infantil para goce dos máis pequenos. Haberá inchables, festa da escuma, taller de tatuaxes, circuíto de karts e moitos divertimentos máis. Non o perdades! ...