04 Xan Clasificación Concurso Decoración de Nadal 2023
Unha vez feitas as deliberacións do xurado, así queda a clasificación do Concurso de Decoración de Nadal deste ano 2023, e os premios que lles corresponden.- 1ª clasificada: CONCEPCIÓN HERMIDA (300 €)
- 2ª clasificada: MARÍA PILAR COUTO (200 €)
- 3º clasificado: SALVADOR DÍAZ (100 €)
- 4º clasificado: BENITO PERNAS (50 €)
Durante o día de mañá, visitaremos aos gañadores para a entrega de premios .
Os que nesta ocasión non acadaron os primeiros postos, recibirán tamén mañá, un agasallo de parte do Concello de Cartelle, como agradecemento por concorrer nesta actividade e contribuír no embelecemento do noso municipio, nas tan sinaladas datas de Nadal.
Queremos aproveitar a ocasión, para agradecer ao xurado, o tempo e a dedicación empregados na súa tarefa de valoración dos concursantes.
Moitas grazas a todos e todas!!!
