Concerto “Nova Fronteira – Cartelle & Amigos”

10 Dec Concerto “Nova Fronteira – Cartelle & Amigos”

O próximo 28 de decembro, sábado, ás 19:00 h., teremos un concerto da banda Nova Fronteira – Cartelle, no que participarán outros músicos amigos, programa incluído dentro dunha xira con motivo do seu XX aniversario.

A cita será no auditorio municipal de Outomuro – Cartelle.

O evento, organizado por Nova Fronteira – Cartelle e o noso concello, que lle dá nome á esta recoñecida banda, conta ademais coa colaboración do Concello de Barbadás e o grupo de Danzas e Gaitas “Airiños de Arnoia”.

Será, sen dúbida, unha fantástica actuación para pechar o ano.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad