06 Dec Concurso de decoración de Nadal ‘ 2022
A Concellería de Cultura do Concello de Cartelle, organiza o concurso de decoración de Fachadas e Balcóns de Nadal 2022, para as vivendas ou negocios que se atopen dentro do término municipal do Concello de Cartelle e sexan adornadas con motivos de Nadal.
Os espazos poderán ser:
- Familiar: balcón, fiestra, porta, fachada de casa ou xardín exterior etc
- Colectivo: comunidade de veciños, residencias, bares, salón de peiteado, rúas, asociacións etc
A decoración terá que ter relación coa festividade de Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo os-as participantes plena liberdade en canto a técnica e o estilo.
Ler Bases do Concurso Decoración de Nadal 2022 do Concello de Cartelle
Para poder participar é preciso enviar cuberto o formulario de inscrición , antes do día 22 de decembro, ben por mensaxe privada ao Facebook do concello ou mediante correo electrónico dirixido á dirección do concelleiro de cultura, dani_armada@hotmail.com
Agardamos pola vosa participación !!!