07 Dec CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL 2024
A Concellería de Cultura do Concello de Cartelle, organiza o concurso de decoración de Fachadas e Balcóns de Nadal 2024, para as vivendas, asociacións ou negocios que se atopen dentro do término municipal do Concello de Cartelle e sexan adornadas con motivos de Nadal.Os espazos poderán ser:
- Familiar: balcón, fiestra, porta, fachada de casa ou xardín exterior, etc
- Colectivo: comunidade de veciños, residencias, bares, salón de peiteado, rúas, asociacións etc
A decoración deberá ter relación coa festividade de Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo os/as participantes plena liberdade en canto a técnica e o estilo.
Ler Bases do Concurso Decoración de Nadal 2024 do Concello de Cartelle
Para poder participar é preciso enviar cuberto o formulario de inscrición , antes do día 20 de decembro, ben por mensaxe privada ao Facebook do concello ou mediante correo electrónico dirixido á dirección da concellería de cultura, cultura@concellocartelle.es
Agardamos a vosa participación !!!