30 Nov Concurso de decoración de Nadal
A Concellería de Cultura organiza un concurso de decoración de Fachadas e Balcóns de Nadal 2020, para as vivendas ou negocios que se encontren dentro do término municipal do Concello de Cartelle e sexan adornadas con motivos de Nadal.
Os espazos poderán ser:
- Familiar: balcón, fiestra, porta, fachada de casa ou xardín exterior etc
- Colectivo: comunidade de veciños,residencias, bares, salón de peiteado, rúas, asociacións etc
A decoración terá que ter relación coa festividade de Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo os-as participantes plena liberdade en canto a técnica e o estilo.
Ler Bases do concurso de decoración de Nadal
Para poder participar é preciso enviar cuberto este formulario , ben por mensaxe privada ao Facebook do concello ou mediante correo electrónico dirixido a dani_armada@hotmail.com