Concurso de decoración de Nadal’2021

07 Dec Concurso de decoración de Nadal’2021

A Concellería de Cultura organiza un concurso de decoración  de Fachadas e Balcóns de Nadal 2021,  para as vivendas ou negocios  que se atopen  dentro do término municipal do Concello de Cartelle e sexan adornadas con motivos de Nadal.

Os espazos poderán ser:

  • Familiar: balcón, fiestra, porta, fachada de casa ou xardín exterior etc
  • Colectivo: comunidade de veciños, residencias, bares, salón de peiteado, rúas, asociacións etc

A decoración terá que ter relación coa festividade de Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo os-as participantes plena liberdade en canto a técnica e o estilo.

Ler Bases do Concurso Decoración de Nadal 2021 do Concello de Cartelle

Para poder participar é preciso enviar cuberto o formulario de inscrición , antes do día 22 de decembro,  ben por mensaxe privada ao Facebook do concello ou mediante correo electrónico dirixido ao mail do concelleiro de cultura,  dani_armada@hotmail.com

Agardamos pola vosa participación !!!

Cartel Concurso de decoración de Nadal 2021-concello de Cartelle

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad