Convocatoria EmprendOU en feminino 2025 – Apoio ao emprendemento feminino

Deputación Ourense - Convocatoria Mantemento emprego feminino

05 Ago Convocatoria EmprendOU en feminino 2025 – Apoio ao emprendemento feminino

A Deputación de Ourense impulsa o emprendemento feminino a través do programa “EmprendOU en Feminino”. Este programa busca apoiar ás mulleres emprendedoras, especialmente na contorna rural, e facilitar a creación e desenvolvemento das súas empresas.

Requisitos dos beneficiarios e dos proxectos empresariais.
1.- Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas que, a partir do 1 de xaneiro de 2023, iniciasen a súa actividade empresarial ou profesional por conta propia nalgún dos municipios da provincia de Ourense.
O orzamento dispoñible estará destinado nun 75% ás iniciativas empresariais e/ou profesionais cuxo centro de traballo se atope nalgún municipio ourensán de menos de 20.000 habitantes. O resto do orzamento, ata o seu esgotamento final, será asignado por rigoroso orde de prelación, con independencia do concello onde se produza a iniciativa de emprendemento, sempre e en todo caso
que se cumpran os seguintes requisitos:
-Ser muller.
– Ter unha antigüidade mínima de 6 meses na actividade empresarial/profesional á data da solicitude.
– Ter máis de 16 anos e menos de 35 anos.
– Ter nacionalidade española ou ser cidadá da Unión Europea ou dos estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza, ou ser estranxeira titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar pola súa conta.
– Estar dada de alta como residente no padrón dalgún dos municipios da provincia de Ourense.
– Estar dada de alta na Seguridade Social en calquera réxime para o exercicio por conta propia ou como colexiada en exercicio nunha mutualidade colexial cunha antigüidade mínima de 6 meses á data da solicitude.

Estar dada de alta para a actividade subvencionada nalgún municipio da provincia de Ourense, acreditado mediante o modelo común (modelo 036) ou simplificado (modelo 037) cunha antigüidade mínima de 6 meses á data da solicitude.
2.- Para os efectos destas bases entenderanse incluídas como persoas beneficiarias as que cumprindo os requisitos esixidos no apartado anterior, exerzan a súa actividade por conta propia (autónomas), como sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra entidade mercantil, incluída as cooperativas ou entidades de economía social. En todo caso, terán que solicitar o acceso a estas axudas a título individual.

Contía e xestión da subvención.
A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes consistirá nunha axuda económica cun importe fixo equivalente á metade do salario mínimo interprofesional do ano 2025 (592,00 €) por persoa solicitante que cumpra todos os requisitos previstos nestas bases.

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes poderán presentarse en calquera momento desde a publicación en extracto da presente convocatoria e ata o 15 de outubro de 2025 ou ata o esgotamento do orzamento previsto.

As solicitudes deberán formularse anexando a seguinte documentación, en formato electrónico:
Formulario de solicitude dirixido á Presidencia da Deputación. Para estes efectos, utilizarase obrigatoriamente o modelo normalizado dispoñible na web da Deputación de Ourense (www.depourense.gal).

Máis información nas bases publicadas no BOP Ourense 148

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad