Cribado masivo para detección de persoas asintomáticas

21 Abr Cribado masivo para detección de persoas asintomáticas

O próximo sábado, 24 de abril, a partir das 16:00 h., o Servicio Galego de Saúde, realizará no noso concello, un cribado masivo, a 900 persoas co obxectivo de detectar posibles asintomáticos e así contribuír a frear os contaxios da Covid19.

  • A convocatoria será aleatoria entre  poboación de 18 a 74 anos. Os citados recibirán un SMS no seu teléfono móbil, indicando a hora á que deberán acudir ao Polideportivo Municipal de Outomuro, lugar onde se realizarán as probas.
  • Para un bo desenvolvemento da xornada, rogamos aos convocados, que asistan á hora notificada, cumprindo coas medidas de prevención anti-covid e colaborando co persoal do SERGAS e da organización.
  • A día de hoxe, 21 de abril, contamos con 6 casos positivos no noso concello polo que é de vital importancia cumprir coas medidas preventivas,  para evitar a transmisión do virus.
    • Hixiene de mans
    • Uso axeitado de máscara
    • Distancia de seguridade
    • Ventilación continuada de estancias
      Cribado masivo aleatorio Cartelle
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad