21 Mar Desfibrilador para Cartelle
Esta mañá, Jaime Sousa, rexedor do noso concello e presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, acudiu á Academia Galega de Seguridade Pública – AGASP, acompañado de membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
A cita, tiña como propósito, a recollida de dous Desfibriladores Semiautomáticos (DESA), para aportarse ao equipamento de emerxencias, tanto do concello como da mancomunidade.
Os voluntarios recibiron ademais, formación técnica sobre o uso e posta en práctica destes equipos.