29 Out Obradoiro: Educación emocional e sexual na familia
A Consellería de Política Social e Xuventude, da Xunta de Galicia, a través dos centros Quérote+ oferta para o curso 2022-2023 unha serie de obradoiros para as familias dirixidos a concellos e asociacións.
Na Mancomunidade Terra de Celanova, levarase a cabo o obradoiro 𝗘𝗱𝘂𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲𝗺𝗼𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗲 𝘀𝗲𝘅𝘂𝗮𝗹 𝗻𝗮 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮, dirixido ás familias con menores a cargo para,
- Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa ou xuízos de valor.
- Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual.
- Construción de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas.
A cita será na Mancomunidade, o día 16 de novembro, de 10:00 a 11:30h
- Mais información e inscricións:
Tel. 988 45 16 46
Email: lucashermida@terradecelanova.es