Concurso de decoración de Navidad 2025

2025-banner Cartelle concurso de Nadal

02 Dic Concurso de decoración de Navidad 2025

A Concellería de Cultura organiza un concurso de decoración  de Fachadas e Balcóns de Nadal 2025,  para as vivendas ou negocios  que se atopen  dentro do término municipal do Concello de Cartelle e sexan adornadas con motivos de Nadal.

Poderán participar neste Concurso de Fachadas e Balcóns de Nadal 2025, as vivendas ou negocios que se encontren únicamente dentro do término municipal do Concello de Cartelle e sexan adornadas con motivos de Nadal. Os espazos poderán ser:

  • Familiar: balcón, fiestra, porta, fachada de casa ou xardín exterior ,etc
  • Colectiva: comunidade de veciños,residencias, bares, salón de peiteado, rúas, asociacións, etc

    A decoración terá que ter relación coa festividade de Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo os/as participantes plena liberdade en canto a técnica e a o estilo.

Os interesados en participar terán que enviar o formulario de inscrición cuberto ao enderezo de correo electrónico correo cultura@concellocartelle.es, ou nunha mensaxe privada ao facebook do Concello de Cartelle. A data límite de inscripción é o 22 de decembro de 2025.


O formulario de inscrición poderase descargar dende este enlace tanto na páxina web do Concello como no propio Facebook.


Ler Bases do concurso.

O concello publicará nesta web e nas redes corporativas, as fotos das decoracións participantes para que todos os veciños as poidan ver.

Agardamos pola vosa participación !!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad