Extensión de redes de banda larga de acceso ultrarrápido

22 Xan Extensión de redes de banda larga de acceso ultrarrápido

Informamos dos despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet que a Xunta de Galicia, co Plan de Banda Larga 2020, e a Administración Xeral do Estado, co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, están a promover de xeito complementario no concello de Cartelle

Na actualidade, a compañía Telefónica de España, está a despregar redes ultrarrápidas que posibilitarán servizos de acceso a Internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica nos núcleos de SANTA BAIA, CARTELLE, SABUCEDO e SAN TOMÉ.

Dentro das subvencións xa concedidas polo Estado están previstas máis actuacións neste senso, no noso concello que permitirán servizos de acceso ultrarrápido a Internet en: ESPIÑOSO, MARAVILLAS (AS) e OUTOMURO.

Nunha fase posterior haberá intervencións nas localidades de XINZO DE TEIXUGUEIRAS e SANDE para dotalas tamén, de acceso  ultrarrápido a Internet

Así mesmo prevese que neste ano e nos seguintes o Estado publique novas convocatorias de subvencións coas que os operadores poderán continuar co despregamento destas redes.

Subvencións para dotación de banda larga a autónomos e empresas

Lembramos tamén que o DOG publicou o 9 de novembro de 2018 a convocatoria para a dotación de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas de zonas do rural galego, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia, que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes de subvencións ata o 31 de xaneiro de 2019. O principal requisito dos solicitantes é o de non dispoñer actualmente de cobertura de máis de 30Mbps ni previsión da mesma. Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0177-311018-0002_gl.html

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad