23 Mar Finalizado o prazo de solicitudes da vivenda de aluguer social
Onte, 22 de marzo, rematou o prazo de solicitudes para optar á adxudicación dunha vivenda de protección pública de titularidade municipal situada na localidade de Outomuro, na modalidade de arrendamento.
As bases da convocatoria, solicitude e publicación no Boletín Oficial da Provincia, difundíronse nesta web e nas redes sociais do concello, o pasado 8 de marzo.