Programa de conciliación de verán en Cartelle

Programa de conciliación de verán en Cartelle

14 Xuñ Programa de conciliación de verán en Cartelle

Dende o 14 de xuño ata o 26 de xuño, estará aberto o prazo de inscrición para asistir ao Campamento de Verán no noso concello, dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos.

Actividades de ocio, obradoiros, xogos…. que se desenvolverán de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, do 4 de xullo a 31 de agosto.

Un ano máis e unha nova edición deste programa de conciliación, que o Concello de Cartelle pon en marcha para facilitar a conciliación laboral e familiar durante a tempada estival.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad