
21 Xuñ II Maratón de Fútbol Sala Feminino
Os días 8, 9 e 10 de xullo, celebrarase o II Maratón de Fútbol Sala Feminino Concello de Cartelle, no pavillón polideportivo Piño Vilachá (Outomuro). Evento que contará coa participación de equipos nacionais e de Portugal, que loitarán por levarse o maior premio ofertado para este tipo de eventos: 6.000 €.
Dende cuartos de final, poderanse seguir os encontros en directo dende a canle de Youtube https://www.youtube.com/channel/UC8U-njMHtUfoxaJR5G8KHiw
Estará habilitada, de balde, unha zona de acampada, na área de O Mundil.