12 Set Inaugurado o novo campo Pau Rañado
A Asociación Deportiva Cultural Cartelle inaugurou o pasado sábado 6 de setembro o novo campo de fútbol Pau Rañado cun encontro entre veteranos do Celta de Vigo e do Racing de Ferrol.A presentación das instalacións contou coa presenza de numeroso público e representantes de institucións como o Concello de Cartelle, a Deputación de Ourense, a Federación Galega de Fútbol, o Real Club Celta de Vigo, o Racing de Ferrol.
Agardamos que esta área deportiva achegue moitas xornadas de desfrute para deportistas e público.






