Información pública do Plan Básico Municipal

25 Mar Información pública do Plan Básico Municipal

O pasado día 9 de marzo, autorizouse a Aprobación Inicial do Plan Básico Municipal do Concello de Cartelle, coa sinatura da  Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, no acto celebrado  no Auditorio de Outomuro, en presenza do alcalde Jaime Sousa e o Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

O documento é o establecido pola Lei do Solo para concellos de menos de 5.000 habitantes que non teñen Plan Xeral de Ordenación Municipal, como é o noso caso.

Este Plan Básico Municipal permitirá a ordenación do territorio, especifica a normativa de edificación ademais de detallar  as instalacións e edificios públicos e os bens do patrimonio cultural e natural do noso concello.

No día de hoxe, 25 de marzo, dáse publicidade formal ao Plan básico municipal do Concello de Cartelle coa publicación  correspondente DOG,  someténdoo así a  información pública.

Publicación no DOG

Consulta/descarga do Plan básico municipal do Concello de Cartelle

Prazo de alegacións: 2 meses

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad