09 Abr Latexando solidariedade
Unha nova escultura adorna a Praza do Concello. Trátase dun labrado corazón metálico, cuxa funcionalidade non só é decorativa, senón tamén solidaria e medio ambiental, pois servirá de recipiente para recoller os tapóns de plástico que rexeitamos nos nosos fogares.
Os tapóns recollidos, destinaranse a unha causa de tipo social, é dicir, para axudar a alguén que o precise -aínda por definir-, a facerse con algún tratamento, terapia ou cubrir outra necesidade que mellore a súa calidade de vida.
A súa vez, evitarase, que estes materiais plásticos, terminen nos vertedeiros ou noutros paraxes, reducindo o risco de contaminación que iso supón.
Esta escultura, moi ben acollida entre os veciños e visitantes do noso concello, non será a única, pois está previsto situar polo menos dúas máis, sendo os seus destinos, a rotonda das Marabillas e o Campo da Feira.
Dende o Concello de Cartelle, invitamos a todos a sumarse a esta iniciativa, colaborando a encher de cor estes corazóns que latexan solidariedade.